Jun 25

San Xoán ‘09, “eu non creo nas meigas, pero habelas hainas”

Category: General

cimg1776

Outro verán mais que chega e outro San Xoán que se vai, outra noite na que as meigas se reunen, deixando no Ezaro unha noite a carón da fogueira amenizada cun pouco de blues, xa que o tempo acompañou… pois non iba ser menos.

San Xoán é un día para pasar todos xuntos, de festa, como diriamos… en familia, e así o fixemos.

2306200915523062009153

Ahí polas 22:00 comezamos cun churrasquiño e unhas sardiñas todo acompañado duns barreños de sangría, que pouco a pouco se está a converter na nosa queimada particular, segundo pasaba chegaba mais xente e o ambiente estábase animando aínda mais. A eso das 12 da noite, mentres as meigas estarían agochadas nas faldas do monte Pindo, co seu pote de queimada recitando os seus conxuros, a nos chegounos a hora de prender a fogueira, e así se fixo, o traballo dos últimos días feito lume, pero pagou a pena.

cimg1776

Ó pouco comezaron a tocar os Bakin Blues (moi bos por certo, esperamos que se acerquen mais por aquí) cunha tandada de blueses que animou aínda mais a noite, que mais se podía pedir.

cimg1812cimg1813

cimg1806cimg1799

A medida que a fogueira se consumía, a xente ía collendo asento na area para acabar alí a noite, ata que o tempo foi pasando e quedamos solo os de sempre mirando xa para unha fogueira case que morta. Chegou hora de arriar para a casa.

cimg1834cimg1868

En resumen, unha noite de meigas máxica que une cada vez mais a xente, e que por desgracia solo pasa unha vez ó ano.

Vídeo dos Bakin’, Rafa Mississippi vs Chiquito xD

1 Comment so far

  1. Ubaldinho Junio 25th, 2009 11:36

    Que Dani!!!
    caghiendiola, estivemos alí o lado e non me decatei de pegarche un toque… aiaiaiaia
    queda enlazado en QPC

    apertassss

Deja tu comentario